miércoles, 22 de enero de 2014

Mi futuro profesional

Estudiarei un ciclo medio de comercio, no IES A Guia.
Que se aprende a facer?

Executar os plans de actuación establecidos para a comercialización de produtos e/ou servizos
nas mellores condicións de calidade, tempo, lugar e prezo, e administrar e xestionar un peque -
no establecemento comercial.

En que ámbitos se traballa?

Almacenamento, distribucion, vendas, atención ao publico e clientes, e animacion do establecemento comercial.

Que ocupacións se desempeñan?

Comerciante, empregado de reposición, de pendente en xeral e de oficio, en cargado de tenda,
vendedor técnico, representante comercial, xefe de caixa, empregado de atención ao cliente,
almacenista e empregado de axencias comerciais.

Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto
co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Administración e xestión dun pequeno establecemento comercial
Animación do punto de venda
Aplicacións informáticas de propósito xeral
Formación e orientación laboral
Horas á disposición do centro
Lingua estranxeira (inglés)
Operacións de almacenaxe
Operacións de venda
Relacións no equipo de traballo
Formación en centros de traballo


miércoles, 15 de enero de 2014

A literatura galega dende 1900 ata 1936

As Irmandades Da Fala:

Fundouse na Coruña o 18 de maio de 1916. 
En pouco tempo nacen outras Irmandades en vilas e cidades do Paris. 
A dignificación e a promoción do idioma era o seu principio fundamental. 
Reclaman autonomía política e modernización socioeconómica para Galicia.
Na asamblea de Lugo de 1918 convértese nun partido político e formulan as teses do nacionalismo galego: Galicia posúe todas as características que a definen como nación.
Na ultima asamblea fúndase o Partido Galeguista. 

O Partido Galeguista e o Estatuto de Autonomía:

O espírito das Irmandades e a 1ª Asamblea de Lugo son recollidos polo Partido Galeguista, no que militan Castelao, Otero Pedrayo, Risco ou Alexandre Bóveda. O grande obxectivo político do partido será a aprobación do Estatuto de Autonomía, elaborado en 1932 e ao redor do cal van sumando apoios sociais e políticos até 1936.

Ramón Cabanillas, o "Poeta da Raza":

Autor monolingüe, de grande proxección pública e determinante na superacion dos moldes poéticos do Rexurdimento. 

Tras publicar os seus dous primeiros libros en cuba volta á terra e participa de maneira activa no movemento nacionalista: Irmandades, Grupo Nós, Seminario de Estudos Galegos. 

Escribiu poesía de ton cívico, tamén intimista e costumista, ademais dunha poesía narrativa de corte épico na que reelabora os mitos do ciclo artúrico. 

Xunto con Antón Vilar Ponte escribe a peza teatral "O Marical", unha reconstruccion do pasado na que o Marical Pardo de Cela se erixe en símbolo de resistencia fronte aos Reis Católicos.

  ¡En pé!
   ¡Irmáns! En pé sereos
a limpa fronte erguida,
   envoltos na brancura
   da luz que cae de riba,
   o corazón aberto
   a toda verba amiga
   e nunha man a fouce
   e noutra man a oliva,
arredor da bandeira azul e branca,
arredor da bandeira de Galicia,
   ¡cantémo-lo dereito
   á libre nova vida!

   Validos de traidores
   a noite de Frouseira
   á patria escravizaron
   uns reises de Castela.
   Comestas polo tempo
   xa afrouxan as cadeas...
   ¡Irmáns asoballados
   de xentes estranxeiras,
ergámo-la bandeira azul e branca!
E ó pé da enseña da nación galega
   cantémo-lo dereito
   á libertá da Terra!

   ¡Irmáns no amor a Suevia
   de lexendaria historia,
   ¡en pé! ¡En pé dispostos
   a non morrer sen loita!
   ¡O día do Medulio
   con sangue quente e roxa
   mercámo-lo dereito
   á libre, honrada chouza!
¡Xa está ó vento a bandeira azul e branca!
¡A oliva nunha man, a fouce noutra,
   berremos alto e forte:
   “A nosa terra é nosa”.


Trata de cando os capesiños obtiveron as terras para eles sen ter que pagar impostos. 


Vicente Risco:

Figura central desta época, exerceu o seu maxisterio intelectual e ideolóxico no movemento galeguista. 
Funda Nós en 1920, asume a súa dirección literaria e dirixe a Sección de Etnografia e Folclore do SEG, materias que o guian nunha viaxe de estudos por Alemaña. 
Co partido Nacionalista Republicano ingresa no Partido Galeguista, que abandona nas vésperas da Guerra Civil. 

Na posguerra, don Celidonio ascendeu de porca a marrán e chegou a alcalde.A parenta inflou coma o fol da gaita.
Agora é presidente da Xuntanza Cidadá e de Outras Sociedades. A parenta botou abrigo de chinchilla e petitgris. Fixeron casa nova e teñen outro automóbil. Aínda podían ter máis.
Vouvos referir a vida de don Celidonio e do seu sogro o principal Baldomero García, aquel que lles berraba ós seus mancebos: "¡Cando na miña casa entra unha peseta, para que volva a saír, compre facer un expediente!".

Trata de la politica.

Otero Pedrayo:

É un dos autores máis prolificos da literatura galega, cultivou todos os xéneros con brillantez e destacou polo seu saber enciclopédico e a oratoria privilexiada. 

Ao igual que os seus compañeiros de Nós toma consecuencia da problemática do país e ingresaba nas fileiras do galeguismo. 


A tertulia estaba ben animada. De cando en cando ouvíase un decorrer de ferrollos, ladraba o can e entraba na sala un novo personaxe en compaña do frío vento marzal. Xa estaban dende cedo as escribás, nai e filla, ocupando o mellor sitio rente á cheminea (o escribán restaba na casa chorando a luz que lle facía gastar aquel endiañado preito de Oseira). O crego sentado coma sempre no grande arcaz labrado, atufaba de rapé as nocas peludae deixaba ver as polainas. O fidalgo esguío das Quintás quizais soñaba cos tempos da estudantina , cando en Sant-Iago era admitido nos salóns e podía ler libremente daqueles libros que viñan de Francia. Que mal fixera en non demorar na vila, ¡el home feito para as luces do século! e non para esmorecer na aldea lonxana, deitado como un can ó pé dun morgado e dun crego noxento e tiránico!, aquelas parras e a nai velliña trouxérano ó tristeiro estado de fidalgote cazador de coellos e farto de cuncas de caldo. 
Tamén asistían as primas de Ourense  e por suposto as fillas do morgado. Pequenas, fracas, dun raro e lucente ollar, andaban de aquí para alí bufando xordamente entre elas e sen facer apenas caso da pobre nai medio parva, Misia. Xacinta, que sentada nun sillón e envolta en cobertores só se alegraba unha miguiña cando as moedas lucían e soaban na mesa.
Os fillos, ¿ulos? Tabernas e feiras había dabondo no país. Como non estivera algún coa testa rachada nas lousas do camiño das malas mulleres. 
O morgado, o dono do grande pazo, sentíase triste aquela noite.  De ordinario era de poucas falas. Naqueles seráns xa longos, pasaba o tempo alancando polo corredor de pedra . Nin lía os vellos libros da biblioteca, nin cazaba, nin a penas se entendía cos paisanos. Un bimbastro de home, xa vellote que só se lle quentaba o sangue á vista dunha boa moza. 
Os derradeiros en chegar foron o capitán e a súa muller. Ela era o elemento dinámico daquela tertulia de pantasmas. Ela inda nova, sempre disposta e faladeira, andaba na angueira  de erguer o patrimonio familiar (casiña e viñas, na ribeira  outra casa, lameiros, touzas e rendas na parroquia do Chao) botado a desbarate polas toladas do pai, un vello aínda vedraño, amigo das mozas e do viño. O home, un militar liberal- de vivo xenio, viñera había pouco do Norte- onde se vira por fronte dos osos navarros de don Tomás e coñecera as noites de marcha polos penedos  vascos, as loitas moi de mañá entre a neboeira e sirimiri e o cariz  do inimigo das aldeíñas carlistas do corazón. Viñera desterrado porque o seu xenio, demasiado franco e destemido, non se contiña diante das parvadas estratéxicas dos xenerais da raíña. Vivo e ledo, sempre tiña un ollar de desafío para a sorna-morna do abade.
Sentáronse e comezou a xogueta. O grande velón botaba unha luz pálida de lámpada de estudo sobre o fato de cabezas atentas ó correr das cartas. A señora fixaba na mesa o seu ollar abobado. O morgado non xogaba. Triste e baleiro de pensamentos, paseaba pola grande sala e a cada volta perdíase na escuridade facendo renxer as vellas táboas do piso.
De súpeto parouse e sentiu un arrepío de medo: na despensa onde se gardaba a louza, xurdira unha nota cristalina, soa, temerosa na noite, unha pinga de psalterio de dúas copas que se tocaban. O morgado pensou: “ É un aviso”. E quedou sen enerxía, disposto para a desgraza que sen dúbida aletexaba polos arredores do pazo naquela fría noite de marzal. 
Fala de unha festa.