Fundouse na Coruña o 18 de maio de 1916. En pouco tempo nacen outras Irmandades en vilas e cidades do Paris. A dignificación e a promoción do idioma era o seu principio fundamental. Reclaman autonomía política e modernización socioeconómica para Galicia. Na asamblea de Lugo de 1918 convértese nun partido político e formulan as teses do nacionalismo galego: Galicia posúe todas as características que a definen como nación. Na ultima asamblea fúndase o Partido Galeguista.
O Partido Galeguista e o Estatuto de Autonomía:
O espírito das Irmandades e a 1ª Asamblea de Lugo son recollidos polo Partido Galeguista, no que militan Castelao, Otero Pedrayo, Risco ou Alexandre Bóveda. O grande obxectivo político do partido será a aprobación do Estatuto de Autonomía, elaborado en 1932 e ao redor do cal van sumando apoios sociais e políticos até 1936. Ramón Cabanillas, o "Poeta da Raza": Autor monolingüe, de grande proxección pública e determinante na superacion dos moldes poéticos do Rexurdimento.
Tras publicar os seus dous primeiros libros en cuba volta á terra e participa de maneira activa no movemento nacionalista: Irmandades, Grupo Nós, Seminario de Estudos Galegos. Escribiu poesía de ton cívico, tamén intimista e costumista, ademais dunha poesía narrativa de corte épico na que reelabora os mitos do ciclo artúrico. Xunto con Antón Vilar Ponte escribe a peza teatral "O Marical", unha reconstruccion do pasado na que o Marical Pardo de Cela se erixe en símbolo de resistencia fronte aos Reis Católicos. ¡En pé! ¡Irmáns! En pé sereos a limpa fronte erguida, envoltos na brancura da luz que cae de riba, o corazón aberto a toda verba amiga e nunha man a fouce e noutra man a oliva, arredor da bandeira azul e branca, arredor da bandeira de Galicia, ¡cantémo-lo dereito á libre nova vida! Validos de traidores a noite de Frouseira á patria escravizaron uns reises de Castela. Comestas polo tempo xa afrouxan as cadeas... ¡Irmáns asoballados de xentes estranxeiras, ergámo-la bandeira azul e branca! E ó pé da enseña da nación galega cantémo-lo dereito á libertá da Terra! ¡Irmáns no amor a Suevia de lexendaria historia, ¡en pé! ¡En pé dispostos a non morrer sen loita! ¡O día do Medulio con sangue quente e roxa mercámo-lo dereito á libre, honrada chouza! ¡Xa está ó vento a bandeira azul e branca! ¡A oliva nunha man, a fouce noutra, berremos alto e forte: “A nosa terra é nosa”. Trata de cando os capesiños obtiveron as terras para eles sen ter que pagar impostos.
Vicente Risco:
Figura central desta época, exerceu o seu maxisterio intelectual e ideolóxico no movemento galeguista. Funda Nós en 1920, asume a súa dirección literaria e dirixe a Sección de Etnografia e Folclore do SEG, materias que o guian nunha viaxe de estudos por Alemaña. Co partido Nacionalista Republicano ingresa no Partido Galeguista, que abandona nas vésperas da Guerra Civil. Na posguerra, don Celidonio ascendeu de porca a marrán e chegou a alcalde.A parenta inflou coma o fol da gaita. Agora é presidente da Xuntanza Cidadá e de Outras Sociedades. A parenta botou abrigo de chinchilla e petitgris. Fixeron casa nova e teñen outro automóbil. Aínda podían ter máis. Vouvos referir a vida de don Celidonio e do seu sogro o principal Baldomero García, aquel que lles berraba ós seus mancebos: "¡Cando na miña casa entra unha peseta, para que volva a saír, compre facer un expediente!".
Trata de la politica. Otero Pedrayo:
É un dos autores máis prolificos da literatura galega, cultivou todos os xéneros con brillantez e destacou polo seu saber enciclopédico e a oratoria privilexiada.
Ao igual que os seus compañeiros de Nós toma consecuencia da problemática do país e ingresaba nas fileiras do galeguismo.
A tertulia estaba ben animada. De cando en cando ouvíase un decorrer de ferrollos, ladraba o can e entraba na sala un novo personaxe en compaña do frío vento marzal. Xa estaban dende cedo as escribás, nai e filla, ocupando o mellor sitio rente á cheminea (o escribán restaba na casa chorando a luz que lle facía gastar aquel endiañado preito de Oseira). Ocrego sentado coma sempre no grande arcaz labrado, atufaba de rapé as nocas peludae deixaba ver as polainas. O fidalgo esguío das Quintás quizais soñaba cos tempos da estudantina, cando en Sant-Iago era admitido nos salóns e podía ler libremente daqueles libros que viñan de Francia. Que mal fixera en non demorar na vila, ¡el home feito para as luces do século! e non para esmorecer na aldea lonxana, deitado como un can ó pé dun morgado e dun crego noxento e tiránico!, aquelas parras e a nai velliña trouxérano ó tristeiro estado de fidalgote cazador de coellos e farto de cuncas de caldo.
Tamén asistían as primas de Ourense e por suposto as fillas do morgado. Pequenas, fracas, dun raro e lucente ollar, andaban de aquí para alí bufando xordamente entre elas e sen facer apenas caso da pobre nai medio parva, Misia. Xacinta, que sentada nun sillón e envolta en cobertores só se alegraba unha miguiña cando as moedas lucían e soaban na mesa.
Os fillos, ¿ulos? Tabernas e feiras había dabondo no país. Como non estivera algún coa testa rachada nas lousas do camiño das malas mulleres.
O morgado, o dono do grande pazo, sentíase triste aquela noite. De ordinario era de poucas falas. Naqueles seráns xa longos, pasaba o tempo alancando polo corredor de pedra . Nin lía os vellos libros da biblioteca, nin cazaba, nin a penas se entendía cos paisanos. Un bimbastro de home, xa vellote que só se lle quentaba o sangue á vista dunha boa moza.
Os derradeiros en chegar foron o capitán e a súa muller. Ela era o elemento dinámico daquela tertulia de pantasmas. Ela inda nova, sempre disposta e faladeira, andaba na angueira de erguer o patrimonio familiar (casiña e viñas, na ribeira outra casa, lameiros, touzas e rendas na parroquia do Chao) botado a desbarate polas toladas do pai, un vello aínda vedraño, amigo das mozas e do viño. O home, un militar liberal- de vivo xenio, viñera había pouco do Norte- onde se vira por fronte dos osos navarros de don Tomás e coñecera as noites de marcha polos penedos vascos, as loitas moi de mañá entre a neboeira e sirimiri e o cariz do inimigo das aldeíñas carlistas do corazón. Viñera desterrado porque o seu xenio, demasiado franco e destemido, non se contiña diante das parvadas estratéxicas dos xenerais da raíña. Vivo e ledo, sempre tiña un ollar de desafío para a sorna-morna do abade.
Sentáronse e comezou a xogueta. O grande velón botaba unha luz pálida de lámpada de estudo sobre o fato de cabezas atentas ó correr das cartas. A señora fixaba na mesa o seu ollar abobado. O morgado non xogaba. Triste e baleiro de pensamentos, paseaba pola grande sala e a cada volta perdíase na escuridade facendo renxer as vellas táboas do piso.
De súpeto parouse e sentiu un arrepío de medo: na despensa onde se gardaba a louza, xurdira unha nota cristalina, soa, temerosa na noite, unha pinga de psalterio de dúas copas que se tocaban. O morgado pensou: “ É un aviso”. E quedou sen enerxía, disposto para a desgraza que sen dúbida aletexaba polos arredores do pazo naquela fría noite de marzal.
Non está mal pero predomina o copia e pega. Tampouco se concreta moito de que trata cada texto. As imaxes non están ben cadradas co texto. Puntuación para sumar ó exame: +0,75
De momento vas ben pero lembra dicir de qué tratan os textos que inclúas.
ResponderEliminarNon está mal pero predomina o copia e pega. Tampouco se concreta moito de que trata cada texto. As imaxes non están ben cadradas co texto. Puntuación para sumar ó exame: +0,75
ResponderEliminar