Vivo cos meus pais, coa miña irmá e coa miña avoa. O meu pai traballa de pintor de casas, é alto e moreno. Amiña nai traballa de ama de casa, é baixa e moerna. A miña avoa é a nai do meu pai ten 80 e poucos anos. Teño de mascota tres cans pero tamén teño cabalos. A egua que monto eu é de raza española, branca e ten 14 anos, chamase Furia.
No instituto estou bastante contenta coas clases nas que estiben. Gustariame dedicarme ao mundo do motor ou de perruqueira. pero tamen ne gustaria ser mestra de hípica, de guitarra ou de parvulos.
As miñas aficions son os cabalos e o motor. Non fago deporte. Cando uso Internet entro en redes sociais e en Youtube. No meu tempo libre fago hípica ou vou as carreiras de coches. En casa axudo no que podo, normalmente os sabados limpo a cociña, os baños, plancho, vou a herva para os animales e fago o que me manden.
En conclusion, estou bastante contenta coa vida que me tocou vivir.
Esta son eu con furia, ela é moi especial para min por que dende pequena era miña pero non a puiden montar ata que tiven 13 anos mais ou menos.
Este é o meu pai correndo nunha gymkana que habia o lado da miña casa fai 10 anos mais ou menos. Normalmente correse por terra pero tamen hay gymkanas de asfalto.
Esta é unha das fotos mais actuais que teño con furia, saqueina este veran nun lago que hay preto da miña casa. Gustame ir e galopar ao lado do lago.
No hay comentarios:
Publicar un comentario