Estudiarei un ciclo medio de comercio, no IES A Guia.
Que se aprende a facer?
Executar os plans de actuación establecidos para a comercialización de produtos e/ou servizos
nas mellores condicións de calidade, tempo, lugar e prezo, e administrar e xestionar un peque -
no establecemento comercial.
En que ámbitos se traballa?
Almacenamento, distribucion, vendas, atención ao publico e clientes, e animacion do establecemento comercial.
Que ocupacións se desempeñan?
Comerciante, empregado de reposición, de pendente en xeral e de oficio, en cargado de tenda,
vendedor técnico, representante comercial, xefe de caixa, empregado de atención ao cliente,
almacenista e empregado de axencias comerciais.
Cales son os módulos deste ciclo?
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto
co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Administración e xestión dun pequeno establecemento comercial
Animación do punto de venda
Aplicacións informáticas de propósito xeral
Formación e orientación laboral
Horas á disposición do centro
Lingua estranxeira (inglés)
Operacións de almacenaxe
Operacións de venda
Relacións no equipo de traballo
Formación en centros de traballo
miércoles, 22 de enero de 2014
miércoles, 15 de enero de 2014
A literatura galega dende 1900 ata 1936
As Irmandades Da Fala:
Fundouse na Coruña o 18 de maio de 1916.
En pouco tempo nacen outras Irmandades en vilas e cidades do Paris.
A dignificación e a promoción do idioma era o seu principio fundamental.
Reclaman autonomía política e modernización socioeconómica para Galicia.
Na asamblea de Lugo de 1918 convértese nun partido político e formulan as teses do nacionalismo galego: Galicia posúe todas as características que a definen como nación.
Na ultima asamblea fúndase o Partido Galeguista.
O Partido Galeguista e o Estatuto de Autonomía:
O espírito das Irmandades e a 1ª Asamblea de Lugo son recollidos polo Partido Galeguista, no que militan Castelao, Otero Pedrayo, Risco ou Alexandre Bóveda. O grande obxectivo político do partido será a aprobación do Estatuto de Autonomía, elaborado en 1932 e ao redor do cal van sumando apoios sociais e políticos até 1936.
Ramón Cabanillas, o "Poeta da Raza":
Autor monolingüe, de grande proxección pública e determinante na superacion dos moldes poéticos do Rexurdimento.
Tras publicar os seus dous primeiros libros en cuba volta á terra e participa de maneira activa no movemento nacionalista: Irmandades, Grupo Nós, Seminario de Estudos Galegos.
Escribiu poesía de ton cívico, tamén intimista e costumista, ademais dunha poesía narrativa de corte épico na que reelabora os mitos do ciclo artúrico.
Xunto con Antón Vilar Ponte escribe a peza teatral "O Marical", unha reconstruccion do pasado na que o Marical Pardo de Cela se erixe en símbolo de resistencia fronte aos Reis Católicos.
¡En pé!
¡Irmáns! En pé sereos
a limpa fronte erguida,
envoltos na brancura
da luz que cae de riba,
o corazón aberto
a toda verba amiga
e nunha man a fouce
e noutra man a oliva,
arredor da bandeira azul e branca,
arredor da bandeira de Galicia,
¡cantémo-lo dereito
á libre nova vida!
Validos de traidores
a noite de Frouseira
á patria escravizaron
uns reises de Castela.
Comestas polo tempo
xa afrouxan as cadeas...
¡Irmáns asoballados
de xentes estranxeiras,
ergámo-la bandeira azul e branca!
E ó pé da enseña da nación galega
cantémo-lo dereito
á libertá da Terra!
¡Irmáns no amor a Suevia
de lexendaria historia,
¡en pé! ¡En pé dispostos
a non morrer sen loita!
¡O día do Medulio
con sangue quente e roxa
mercámo-lo dereito
á libre, honrada chouza!
¡Xa está ó vento a bandeira azul e branca!
¡A oliva nunha man, a fouce noutra,
berremos alto e forte:
“A nosa terra é nosa”.
Trata de cando os capesiños obtiveron as terras para eles sen ter que pagar impostos.
Vicente Risco:
Figura central desta época, exerceu o seu maxisterio intelectual e ideolóxico no movemento galeguista.
Funda Nós en 1920, asume a súa dirección literaria e dirixe a Sección de Etnografia e Folclore do SEG, materias que o guian nunha viaxe de estudos por Alemaña.
Co partido Nacionalista Republicano ingresa no Partido Galeguista, que abandona nas vésperas da Guerra Civil.
Na posguerra, don Celidonio ascendeu de porca a marrán e chegou a alcalde.A parenta inflou coma o fol da gaita.
Agora é presidente da Xuntanza Cidadá e de Outras Sociedades. A parenta botou abrigo de chinchilla e petitgris. Fixeron casa nova e teñen outro automóbil. Aínda podían ter máis.
Vouvos referir a vida de don Celidonio e do seu sogro o principal Baldomero García, aquel que lles berraba ós seus mancebos: "¡Cando na miña casa entra unha peseta, para que volva a saír, compre facer un expediente!".
Trata de la politica.
Otero Pedrayo:
É un dos autores máis prolificos da literatura galega, cultivou todos os xéneros con brillantez e destacou polo seu saber enciclopédico e a oratoria privilexiada.
Ao igual que os seus compañeiros de Nós toma consecuencia da problemática do país e ingresaba nas fileiras do galeguismo.

A tertulia estaba ben animada. De cando en cando ouvíase un decorrer de ferrollos, ladraba o can e entraba na sala un novo personaxe en compaña do frío vento marzal. Xa estaban dende cedo as escribás, nai e filla, ocupando o mellor sitio rente á cheminea (o escribán restaba na casa chorando a luz que lle facía gastar aquel endiañado preito de Oseira). O crego sentado coma sempre no grande arcaz labrado, atufaba de rapé as nocas peludae deixaba ver as polainas. O fidalgo esguío das Quintás quizais soñaba cos tempos da estudantina , cando en Sant-Iago era admitido nos salóns e podía ler libremente daqueles libros que viñan de Francia. Que mal fixera en non demorar na vila, ¡el home feito para as luces do século! e non para esmorecer na aldea lonxana, deitado como un can ó pé dun morgado e dun crego noxento e tiránico!, aquelas parras e a nai velliña trouxérano ó tristeiro estado de fidalgote cazador de coellos e farto de cuncas de caldo.
Tamén asistían as primas de Ourense e por suposto as fillas do morgado. Pequenas, fracas, dun raro e lucente ollar, andaban de aquí para alí bufando xordamente entre elas e sen facer apenas caso da pobre nai medio parva, Misia. Xacinta, que sentada nun sillón e envolta en cobertores só se alegraba unha miguiña cando as moedas lucían e soaban na mesa.
Os fillos, ¿ulos? Tabernas e feiras había dabondo no país. Como non estivera algún coa testa rachada nas lousas do camiño das malas mulleres.
O morgado, o dono do grande pazo, sentíase triste aquela noite. De ordinario era de poucas falas. Naqueles seráns xa longos, pasaba o tempo alancando polo corredor de pedra . Nin lía os vellos libros da biblioteca, nin cazaba, nin a penas se entendía cos paisanos. Un bimbastro de home, xa vellote que só se lle quentaba o sangue á vista dunha boa moza.
Os derradeiros en chegar foron o capitán e a súa muller. Ela era o elemento dinámico daquela tertulia de pantasmas. Ela inda nova, sempre disposta e faladeira, andaba na angueira de erguer o patrimonio familiar (casiña e viñas, na ribeira outra casa, lameiros, touzas e rendas na parroquia do Chao) botado a desbarate polas toladas do pai, un vello aínda vedraño, amigo das mozas e do viño. O home, un militar liberal- de vivo xenio, viñera había pouco do Norte- onde se vira por fronte dos osos navarros de don Tomás e coñecera as noites de marcha polos penedos vascos, as loitas moi de mañá entre a neboeira e sirimiri e o cariz do inimigo das aldeíñas carlistas do corazón. Viñera desterrado porque o seu xenio, demasiado franco e destemido, non se contiña diante das parvadas estratéxicas dos xenerais da raíña. Vivo e ledo, sempre tiña un ollar de desafío para a sorna-morna do abade.
Sentáronse e comezou a xogueta. O grande velón botaba unha luz pálida de lámpada de estudo sobre o fato de cabezas atentas ó correr das cartas. A señora fixaba na mesa o seu ollar abobado. O morgado non xogaba. Triste e baleiro de pensamentos, paseaba pola grande sala e a cada volta perdíase na escuridade facendo renxer as vellas táboas do piso.
De súpeto parouse e sentiu un arrepío de medo: na despensa onde se gardaba a louza, xurdira unha nota cristalina, soa, temerosa na noite, unha pinga de psalterio de dúas copas que se tocaban. O morgado pensou: “ É un aviso”. E quedou sen enerxía, disposto para a desgraza que sen dúbida aletexaba polos arredores do pazo naquela fría noite de marzal.
Fala de unha festa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)