miércoles, 11 de diciembre de 2013

Castelao

Castelao foi un político, escritor, pintor, medico e debuxante. Un dos pais do nacionalismo galego.
Estudiou mediciña por amor ao pai, non por gusto propio.
Con 28 anos quedou cego por un desprendemento da retina. Pero gracias a unha operacion volveu a ver. Participou na Exposición de Bellas Artes de Madrid, na que obten grandes eloxios da critica.
En 1918 comenzou a colaborar con o periodico madrileño "El Sol".
Con Vicente Risco, Otero Predayo, e outros fundou a revista "nós", da cual brotou a vida politica e cultural de Galicia. Gracias a unha bolsa de la Junta de Ampliación de Estudos, viaxou a Francia, Béxica e Alemania para estudiar o arte de estos países. Fruto de ese viaxe foi o diario que escribíu e que publicou nesta revista, e que apareceu como libro có titulo "Diario 1921".
Viviu parte da súa vida en América.









Unhas das obras mais importantes de Castelao son:
Un ollo de vidro:
A  obra está salpicada de alusions satíricas de tipo político e social. Pero son ante todo un ensaio teórico-práctico sobre o humorismo, sobre todo se temos en conta que orixinalmente formaba parte dunha conferencia sobre o humorismo e a caricatura, que tamen se reproduce nesta edición.





























Diario 1921:
Fala da vida politica e cultural de Galicia, Francia, Bélxica e Alemaña. 



Debuxos




Neste dibuxo o que quere decir e que chamar galego a alguén era un insulto.


Trozos de Cousas:
O PAI DE MIGUELIÑO
O pai de Migueliño chegaba das Américas e o rapaz non cabía de gozo no seu traxe
festeiro. Migueliño sabía cos ollos pechados cómo era o seu pai; pero denantes de saír
da casa botoulle unha ollada ó retrato.

Os "americanos" xa estaban desembarcando. Migueliño e a súa nai agardaban no
peirán do porto. O corazón do rapaz batíalle na táboa do peito e os seus ollos
esculcaban nas greas, en procura do pai ensoñado.

De súpeto avistouno de lonxe. Era o mesmo do retrato ou aínda mellor portado, e
Migueliño sinteu por el un grande amor e canto máis se achegaba o "americano", máis
cobiza sentía o rapaz por enchelo de bicos. ¡Ai!, o "americano" pasou de largo sen
mirar para ninguén, e Migueliño deixou de querelo.

Agora si, agora si que o era. Migueliño avistou outro home moi ben traxeado e o
corazón dáballe que aquel era o seu pai. O rapaz devecíase por bicalo a fartar. ¡Tiña
un porte de tanto señorío! ¡Ai!, o "americano" pasou de largo e nin tan siquera reparou
que o seguían os ollos angurentos dun neno.

Migueliño escolleu así moitos pais que non o eran e a todos quixo tolamente.

E cando esculcaba con máis anguria, fíxose cargo de que un home estaba abrazando á
súa nai. Era un home que non se parecía ó retrato; un home moi flaco, metido nun
traxe moi floxo; un home de cera, coas orellas fóra do cacho, cos ollos encoveirados,
tusindo...


Aquel si que era o pai de Migueliño.

Trata de que Migueliño estaba esperando a que chegara o seu pai das Americas pero posto que nunca o veu observou un retrato que habia na su casa de el, o chegar o peirao Migueliño observou que un home se acercou a sua nai pero el non o coñecia. Ese era o seu pai. Non o recoñecia por que chegou acabado fisicamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario